Dentro do programa RECONSTRUÍR DECEMBRO 1, vos informamos do seguinte evento programado, esta vez cun carácter máis pechado xa que se trata dun ALMORZO DE TRABALLO… vos contamos….
O PLAN MUNICIPAL DE CONDUTAS ADICTIVAS do Concello de Pontevedra xuntará a tres das asociacións de carácter asistencial da nosa cidade nun almorzo de traballo que pretenderá buscar os aspectos comúns que existen entre elas así como por enriba da mesa as peticións e necesidades de cada unha delas pretendendo aumentar a rede social.
As asociación invitadas nesta ocasión son GALUP, ALCOÓLICOS REHABILITADOS E REXURDIR PROVINCIAL, ás que agradecemos que aceptaran a nosa invitación.
O lugar onde se desenvolverá esta acción será a Galería Sargadelos o a data será o venres, 9 de decembro de 10.00 a 12.00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario