sábado, 19 de noviembre de 2011

Arteterapia Sargadelos

Formación especializada: Arte e condutas adictivas

Dentro do programa “Reconstruír Decembro 1”, os días 12,14 e 15 de decembro de 10.00 a13.30, se levará a cabo unha acción formativa que pretende amosar unha das técnicas empregadas no Taller de Deseño e Produción. Nesa formación se amosará o traballo que se implementa a traversa dos procesos creativos.
Os relatores do curso son:

-          Juán Luis González (Psicólogo da Unidade de Día e Coordinador do Plan Municipal de Condutas Adictivas)
-          Ismael Rodríguez Fraga (Arteterapeuta Hauschka.

Dita acción ten prazas limitadas (20) polo que os/as interesados/as deberedes enviar canto antes a ficha de inscripción que poderán atopar, tanto no blog e facebook do tdp como na páxina web do concello de Pontevedra (www.pontevedra.eu)

Exposición Sargadelos

Exposición  Sargadelos.

O venres, día 2 de decembro ás 20.00 horas levarase a cabo a inauguración da exposición das obras realizadas no TDP (Taller de Deseño e Produción) ubicada dentro do Plan Municipal de Condutas Adictivas do Área de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra. Con isto comezará o programa RECONSTRUÍR DECEMBRO 1. Nesa exposición poderase ver o resultado das obras realizadas nese taller.

Programa Sargadelos

RECONSTRUÍR DECEMBRO 1

Co gallo de darlle a decembro un aire diferente deseñamos este programa que pretende amosar un proceso creativo e terapéutico que se leva a cabo no TDP (Taller de Deseño e Produción) do Plan Municipal de Condutas Adictivas do Área de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra.  
O programa abrangue diversas accións pero sempre dende a perspectiva da capacidade do individuo e proceso de creación e da sensación de éxito como medio de mellora integral.